Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (10/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 10/1994 se tramitan autos de xuízo executivo, seguidos a pedimento de Caixa de Aforros Provincial de Ourense, fronte a Roberto Peso Vázquez e Francisco Macías Macías, sobre reclamación de cantidade por préstamo, e nos seus autos acordouse citar de remate ós anteditos demandados para que, se lles conviñese, comparezan nos autos e se opoñan á execución contra eles despachada, dentro do termo de nove días hábiles, contados desde o seguinte ó desta publicación; e apercíboos de que, de non verificalos, serán declarados en situación legal de rebeldía procesual, e continuarase o xuízo na súa ausencia, sen facerlles outras notificacións nin citacións cás determinadas pola lei. Faise constar expresamente que, por descoñece-lo paradoiro dos demandados, se practicou embargo sobre bens da súa propiedade, sen previo

requirimento de pagamento.

Para que lles sirva de citación de remate ós demandados Roberto Peso Vázquez e Francisco Macías Macías, en ignorado paradoiro, expídese e asínase o presente edicto.

Dado en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecientos noventa y cuatro.

A secretaria

Rubricado

95-06397