Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2524, XG-251, entre A Estrada e Meabia, con prolongación a Forcarei (provincia de Pontevedra).

Daniel Troitiño Núñez, titular da concesión do servicio público regular permenente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2524; XG-251, entre A Estrada e Meabia, con prolongación a Forcarei, e Manuel Troitiño Núñez solicitaron conxuntamente o cambio de titularidade da citada concesión a favor deste último.

Esta dirección xeral resolve autoriza-lo dito cambio de titularidade, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

6355