Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (326/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 326/1995, que se segue por furto, cítase a Ángel Grande Rivero, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día oito de novembro, do ano que andamos, ás 10.20 horas, compareza na Sala de Audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na rúa da Algalia de Abaixo, número 24, planta baixa, para asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas; fago saber que pode facelo acompañado de avogado, e que debe comparecer cos medios de proba dos que intente valerse, e advírtoo de que, se non comparece, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6487