Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (326/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco, vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 326/1994, seguidos por agresión, sendo denunciante Domitila Fernández Blanco, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Pilar Pampín Piñeiro, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Pilar Pampín Piñeiro como autora responsable dunha falta de agresión, do artigo 582 do Código Penal, á pena de dous días de arresto menor para extinguir no seu domicilio e deberá indemnizar a Domitila Fernández Blanco na cantidade de 10.000 pesetas. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Pilar Pampín Piñeiro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6477