Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (37/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por María Fer Meitín Fernández, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 37/1995, seguidos por furto, sendo denunciante Enrique Becares Fuentes, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Roberto Rodríguez Freijeiro, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Roberto Rodríguez Freijeiro como autor dunha falta de furto frustrada, á pena de dous días de arresto menor e ó pagamento das custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Roberto Rodríguez Freijeiro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6478