Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (5/1995).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de Or. Sum. Hip. artigo 131 L.H. que se seguen neste xulgado co número 5/1995, promovidos por Caixa Vigo, representado polo procurador Manuel Castro del Río, contra Jaime Javier González Costoya e María Luisa Botana Maroño sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de nove millóns oitocentos trinta e oito mil

seiscentas catorce pesetas (9.838.614 ptas.), acordouse sacar a pública poxa, por termo de vinte días, o predio do que o prezo taxado polos interesados son os da escritura de constitución da hipoteca, e que se describen ó final, e o seu remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas.

Primeira poxa: para celebra-lo día 22 de novembro de 1995, ás 10 horas.

Segunda poxa: para celebra-lo día 31 de xaneiro de 1996, ás 10 horas.

Terceira poxa: para celebra-lo día 9 de febreiro de 1996, ás 10 horas.

Condicións das poxas.

Primeira.-Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración da poxa, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, achegando a este o resgardo acreditativo de ter ingresada a consignación que logo se sinalará; as ofertas conservaranse en poder do secretario do xulgado e abriranse no acto do remate.

Terceira.-Para tomar parte na primeira poxa, deberán os interesados ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 1569000180113893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual, polo menos, ó 20% da taxación do predio.

Cuarta.-As ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda coa rebaixa do 25% da taxación, baixo as mesmas condicións que quedan ditas; e establecerase a consignación á que se refire o apartado anterior no 20% da cantidade rebaixada.

Sexta.-A teceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións cás anteriores, e deberán consigna-los interesados para poder participar nela unha cantidade igual cá sinalada para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os hai, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios para poxar e o seu tipo.

Local número vintedous. Piso segundo, letra B. Destínase a vivenda. Ten unha superficie útil de cento

trece metros con corenta e sete decímetros cadrados. Linda, oeste, avenida de Alfonso Senra; sur, local sinalado coa letra C desta planta ; norte, local sinalado coa letra A desta planta, relanzo das escaleiras, ascensor e patio de luces do norte; leste, voo sobre a parcela ou soar que se segregou do predio matriz, propiedade de José Moar Figueira e esposa, patio de luces do norte e relanzo das escaleiras. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 534, libro 135, folio 1, predio número 12.906. Tipo de taxación para efectos de poxa : Once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.).

E, para que así conste e sirva de anuncio no taboleiro de anuncios deste xulgado para os diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación ó/s debedor/es en caso de que este/s non se atopase/n no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria

95-6476