Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.648

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira.

Visto o expediente do convenio colectivo de carpintería de ribeira, que tivo entrada nesta delegación provincial, o día 21 de xullo de 1995 subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Carpintería de Ribeira e, da parte social, por UXT, CC.OO. e CIG, o día 5 de xuño de 1995 e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a súa notificación ças representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo para as empresas de carpintería de Ribeira, da provincia da Coruña. Ano 1995

Capítulo I

Extensión. Ámbito funcional

Artigo 1º

O presente convenio afecta a tódalas empresas encadradas na actividade de carpintería de ribeira, afectadas pola ordenanza laboral de traballo do 28 de xullo de 1969.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación deste convenio é para tódalas empresas de carpintería de ribeira asentadas na provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As normas que se establecen no presente convenio afectarán á totalidade dos traballadores por conta allea, tanto fixos como eventuais, que presten os seus servicios nas ditas empresas e ós que ingresen nestas durante a vixencia do convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O convenio terá un prazo de vixencia de 12 meses contado desde o primeiro de abril de 1995. Establécese como último prazo para a denuncia deste convenio o 31-12-1995. Prorrogarase por períodos sucesivos, se ningunha das partes o denuncia dentro do prazo previsto.

Artigo 5º

Efectuarase unha revisión actualizando as táboas sobre a base de cálculo do convenio vixente en 1994, se o IPC supera ó 31 de marzo de 1996 un 3,5% con respecto ó 31 de marzo de 1995. Esta cláusula aplicarase segundo o establecido no AES 1985-1986.

Esta revisión, no caso de efectuarse, farase co único efecto de fixar unhas táboas salariais que sirvan de base de cálculo para o próximo convenio, e non se devengarán atrasos en ningún caso por este concepto.

Artigo 5º BIS.

Establécese como plus de transporte a cantidade de 13.703 pesetas mensuais para tódalas categorías.

Capítulo II

Melloras salariais

Artigo 6º.-Salarios.

Establécense como salarios mínimos para cada categoría profesional os que se reflicten no anexo I.

Artigo 7º.-Antigüidade.

O persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de plus de antigüidade as cantidades que se indican para as distintas categorías nas táboas anexas, por cada cinco anos de servicio.

Artigo 8º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entreguen ós seus traballadores as ferramentas necesarias para os seus traballos e fosen de seo, aboarán como compensación ó desgaste

destas, 198 pesetas semanais para as categorías de oficiais e axudantes e 131 pesetas tamén semanais, para os aprendices.

Artigo 9º

Fíxanse as vacacións anuais en 30 días naturais para cada categoría profesional das establecidas no presente convenio, e aboaranse estas sobre a totalidade da retribución correspondente, de acordo coa táboa salarial que figura no anexo, así como a antigüidade, máis o plus de transporte que correspondese de estar traballando.

Todo traballador que enferme ou sufra un accidente non laboral mentres estea desfrutando das súas vacacións terá dereito a que lle concedan «a posteriori» tantos días de vacacións como días laborables tivo que perder a causa da enfermidade ou accidente non laboral, ata completarlle a totalidade dos períodos de vacacións. Para facer uso deste dereito, o traballador deberá presentar á empresa os partes de baixa e alta estendidos polo médico facultativo da Seguridade Social.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias ó longo do ano, e que son as seguintes:

Paga de marzo: 10 días.

Paga de xullo: 30 días.

Paga de Nadal: 30 días.

O importe das pagas citadas percibiranse a razón do soldo base do convenio que corresponde segundo categoría, máis antigüedade.

As pagas citadas aboaranse ós citados traballadores antes do día 20 de cada mes que corresponda. Percibiraas integramente o persoal que nas mencionadas datas pertenza ó cadro de persoal de traballadores fixos da empresa, aínda que estivesen dados de baixa por enfermidade común, accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional, vacacións anuais retribuídas, licencia extraordinaria con salario e servicio obrigatorio ou voluntario.

Ós traballadores que ingresasen ou cesasen no transcurso do ano, aboaránselles estas pagas extraordinarias rateándose o importe destas en relación ó tempo de servicio na empresa, para o cal a fracción de semana ou mes computarase como a unidade completa. Igual sistema seguirase para o pagamento ós posibles traballadores eventuais.

Artigo 11º.-Accidente de traballo e enfermidade.

As empresas aboarán ós productores accidentados no traballo, a partir do primeiro día do accidente, a diferencia entre a prestación económica que perciban da Seguridade Social e o salario líquido que lles corresponda de acordo coas táboas salariais.

No caso de enfermidade, a dita prestación aboarase a partir do décimo día da baixa. No caso de hospitalización, a prestación outorgarase desde o primeiro día desta.

Artigo 12º.-Roupas de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores dúas fundas ou roupas de traballo, nos días dous de xaneiro e dous de xullo. Ó cabo do ano pasarán a ser propiedade do traballador.

Artigo 13º.-Plus de traballos molestos, penosos e toxicidade.

As empresas aboarán un plus do 30% sobre os salarios do anexo I pola execución dalgúns dos traballos seguintes:

Renovación das bancadas das caldeiras e máquinas de vapor, sen limitación da tonelaxe ou potencia destas.

Do interior ou pintado do interior de sentinas, calquera que sexa o material que se empregue.

Pintado do interior de tanques combustibles de auga, calquera que sexa o material que se empregue nos ditos traballos. No pintado de neveiras con materia bitusmática, brea, alcatrán ou pinturas.

Renovación das calzadas, rolos ou bancadas de motores Diesel de 100 CV.

Calquera traballo que se realice a unha distancia máxima de tres metros de caldeiras encendidas.

Nas praias, en ramplas, en varadoiros onde o traballador deba ter parte do corpo mergullado na auga, aínda dispondo do calzado e roupas adecuadas.

Nos traballos que se realicen nas neveiras ou frigoríficos, sempre que as súas temperaturas sexan inferiores a 10 graos ou manteñan xelo no seu interior.

Estes traballos entenderanse sempre en reparación.

En concepto de toxicidade este plus do 30% as empresas dedicadas á construcción ou reparación de embarcacións de plástico aboaránllelo ós traballadores.

Así mesmo este plus do 30% aboarase nos traballos que se realicen nos fondos das embarcacións chás de proa a popa, tales como barcazas, mexilloeiras, gánguiles ou dragas, sempre que estes traballos se realizen a unha altura inferior de un metro cincuenta centímetros do chan onde se efectúen os ditos traballos.

O dito plus será do 120% cando se trate de traballos nas mastros e velame, que teñan que realizarse a máis de 10 metros de altura da cuberta da nave.

Capítulo III

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, equivalentes a unha xornada máxima anual de 1.800 horas efectivas de traballo.

As empresas quedan obrigadas a confeccionar un calendario laboral que deberá especifica-las xornadas laborais e as horas de cada unha delas, ata completa-lo cómputo de horas aquí pactado. Este calendario deberá ser exposto ós traballadores no taboleiro de anuncios.

Artigo 15º

O persoal eventual que á sinatura deste convenio teña contrato en vigor, respectaráselle o incremento do 30% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Para o persoal eventual que ingrese na empresa durante a vixencia deste convenio o incremento será do 20% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Ás gratificacións de marzo, xullo e Nadal así como, á parte proporcional de vacacións, incrementaranse as referidas porcentaxes.

Para o persoal eventual que á sinatura do presente convenio estea percibindo a compensación do 30%, por calquera causa finalizase a súa relación laboral ou iniciase unha relación nova como eventual, nun prazo inferior a 90 días, terá dereito a seguir percibindo o 30%.

Capítulo IV

Artigo 16º

Reserva do posto de traballo ós traballadores en situación de baixa por invalidez provisional.

Os traballadores fixos que cesaran nas súas respectivas empresas por pasar á situación de invalidez provisional terán dereito, ó seren declarados de novo aptos para o traballo, a ser integrados nos postos de traballo, que con carácter normal ocupaban nas empresas nas datas que causaron baixa.

Para o cumprimento do establecido no parágrafo anterior será preciso que o traballador o solicite da súa empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude para o traballo, quedando a virtude de certificación médica acreditativa de tal aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no termo dos quince días seguintes á data en que o traballador formulase a súa petición de reintegro.

Se o traballador non solicitase da empresa a reincorporación do seu posto de traballo dentro do prazo que sinala o parágrafo anterior, entenderase que fai renuncia expresa do seu dereito á reincorporación, e quedará a empresa liberada da obriga de reserva-la súa praza.

Aqueles traballadores que expresamente ingresen nas empresas para ocupa-la vacante temporal dos traballadores que pasasen á situación de invalidez provisional terán a condición de interinos.

Capítulo V

Artigo 17º.-Acción asistencias nas empresas. Xubilación.

A todo o persoal da empresa que, se leva como mínimo cinco anos de antigüidade nesta e tendo cumprida a idade mínima pensioanable, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación a esta, consistente no importe dunha mensualidade da retribución asignada para a súa categoría profesional na táboa

de salarios do presente convenio, incrementada cos aumentos por antigüidade.

Artigo 18º.-Axuda por falecemento.

En caso de falecemento dun traballador, debido a enfermidade común ou accidente laboral, as empresas completarán ata un mes a axuda por defunción que con carácter xeral establece o Decreto do 2 de marzo de 1955 e nas condicións e formas que establece o citado decreto.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Estará formada polos señores:

Parte empresarial:

Domingo Lago Martínez.

Eugenio Manuel Romero Senande.

Gerardo Triñanes Fernández.

Parte social:

Ramón Calvo Romero (UGT).

Ezequiel Cancela Martínez (CIG).

José Luis Paz Pena (CC.OO.).

Artigo 20º

As melloras económicas establecidas no presente convenio non poderán ser absorbidas durante a súa vixencia polas que voluntariamente veñan outorgando as empresas.

Artigo 21º

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente, total ou morte por accidente, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

-Por morte: 2.500.000 pesetas.

-Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.000.000 de pesetas.

As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros, non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cubran.

Convenio colectivo para as empresas de carpintería de ribeira da provincia da Coruña

1995

Táboas salariais

MesDía

Encargado89.5112.943
Oficial de primeira86.0392.829
Oficial de segunda84.1812.767
Axudante78.6032.584
Peón77.1302.536

Plus de transporte13.703

Remuneración en cómputo anual

Encargado1.447.008
Oficial de primeira1.397.689
Oficial de segunda1.370.641
Axudante1.269.605
Peón1.211.263

Convenio colectivo para as empresas de carpintería de ribeira da provincia da Coruña

1995

Táboas de antigüidade

Categorías1 Quin.2 Quin.3 Quin.4 Quin.5 Quin.6 Quin.7 Quin.

Encargado3.6117.17110.70514.13717.67321.20727.740

Oficial 1ª3.4706.88910.28213.57416.97420.36123.753

Oficial 2ª3.4036.75310.08013.30616.62919.95523.283

Axudante3.1916.3329.44812.46015.57518.68921.804

Peón3.0646.0753.06311.94514.93317.91921.503

9506361