Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de panaderías de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de panaderías (código nº 3200265) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1 de agosto do ano que corre, subscrito en representación da parte conómica pola Asociación Provincial de Empresarios de Panaderías e da parte social pola central sindical; CIG (con lexitimidade suficiente para asinalo), en xuntanza celebrada o día 11 de xullo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995 do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 8 de agosto de 1995.

Manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal. de Ourense

Convenio de panaderías

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

No aspecto territorial o presente convenio afectará a tódalas empresas situadas na provincia de Ourense, rexidas pola Regulamentación nacional de panaderías, sen outra excepción que aquelas que se rexan por convenios colectivos de ámbito de empresa, sempre e cando estas sexan superiores globalmente ás do presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal que presta os seus servicios nas empresas encadradas na indus

tria de panadería coa excepción seguinte: o persoal que efectúe traballos de alta dirección ou alta xestión na empresa.

Artículo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e os efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 4º.-Duración.

A duración do presente convenio será ata o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e cinco, prorrogado pola tácita reconducción sempre que non sexa denunciado de acordo cos preceptos legais, cun previo aviso de tres meses (artigo 85.2º e segundo o Estatuto dos traballadores). Á finalización deste convenio manterán a súa vixencia tódalas súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme a lexislación vixente, respectándose as sitacuóins persoais en igual forma.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Serán 40 horas semanais, dispoñendo de 15 minutos durante a xornada de traballo para tomar o bocadillo, contabilizándose como traballo efectivo.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 7º.-Táboa de retribucións que se aplicará desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995.

-Oficial pa: 2.745 ptas. diarias.

-Oficial de masa: 2.673 ptas. diarias.

-Oficial de mesa: 2.624 ptas. diarias.

-Axudante: 2.555 ptas. diarias.

-Mordomo: 2.672 ptas. diarias.

-Portador de pan a despachos: 2.624 ptas. diarias.

-Repartidor de pan a domicilio: 2.466 ptas. diarias.

-Oficial administrativo: 85.128 ptas. mes.

-Chófer repartidor: 2.745 ptas. diarias. (1)

(1) Enténdese por chofer repartidor aquel que se despraza a distintas proboacións.

(A) Aboaranse 4.909 ptas. nos meses traballados en concepto de servicio nocturno, sendo proporcional ós días traballados durante o mes.

(B) Aboarase a cantidade de 1.598 ptas. nos meses traballados en concepto de gratificación de horario. (Os apartados A e B son para efectos do persoal de elaboración).

(C) Os traballadores terán dereito a percibir 1 kg de pan diario, incluídos os períodos de vacacións, baixa por enfermidade e accidentes. O valor do kg de pan para efectos de cotización á Seguridade Social será de 100 ptas.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

De vencemento superior ó mes. As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo, así como a de San Honorato, serán equivalentes ó importe dunha mensualidade cos seguintes conceptos: salario base, beneficios e antigüidade. Cada gratificación será a salario real que para cada categoría se establece no presente convenio.

Artigo 9º.-Vacacións.

Tódolos productores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións ó ano cunha contía que será dunha mensualidade, a salario real.

As vacacións desfrutaranse 15 días continuos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro; desfrutaranse os restantes días, segundo o disposto no Estatuto dos traballadores, artigo 38. As vacacións serán comunicadas con dous meses de antelación. Aboaranse 3.120 ptas. no día de San Honorato.

Non se considerará festivo o dito día agás se o fose pola naturaleza do día.

Capítulo III

Outras disposicións

Artigo 10º

As empresas dotarán o seu persoal de roupa adecuada ó posto de traballo que desempeñen, a cal só poderá ser usada durante a xornada laboral.

As pezas de roupa serán entregadas unhas cando sexa asinado o convenio e as outras ós seis meses.

Se non foran entregadas as pezas de roupa de traballo aboaranse a razón de 500 ptas. mensuais, se ben será preceptiva a reclamación previa das pezas de roupa de traballo ante o SMAC.

Artigo 11º.-Período de proba.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación xeral vixente sobre esta materia.

Artigo 12º.-Gratificación en función das vendas ou beneficios.

Haberá que aterse ó disposto na Regulamentación nacional de traballo de panadeiros (O.M. 12-7-1946), segundo sexan mecanizadas ou semimecanizadas. (Mecanizadas vinte por cento, semimecanizadas quince por cento).

Artigo 13º.-Revisión salarial.

Os salarios que figuran no artigo 7º do presente convenio serán revisados anualmente conforme o índice de custo da vida publicado polo Instituto Nacional de Estatística.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

Nos supostos taxativamente previstos no artigo 37 do Estatuto dos traballadores e a Regulamentación nacional de traballo na panadería, o traballador percibirá durante a súa ausencia, dentro da marxe que para esta sinalan os ditos preceptos, o soldo real, de acordo coa súa categoría no presente convenio. Os permisos por falecemento serán de catro días no

caso de cónxuxe, de tres días no caso de pais e fillos; no resto haberá que aterse ó disposto na ordenanza.

Artigo 15º.-Retrasos.

Os retrasos pagaranse nunha mensualidade, facéndoa efectiva no mes seguinte ó da sinatura do convenio.

Artigo 16º.-Festivos.

Descansarase os domingos e festivos a excepción de dous, como máximo, que coincidan con festas locais ou tradicionais sendo estes a elección da empresa, comunicándollo ó traballador con dez días de antelación, tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 10/1988 (Lei de comercio de Galicia). Queda establecido neste convenio a total prohibición de venda, fabricación, distribución de pan, pans especiais e bolería; é obrigatorio o peche dos seus establecemenetos os domingos e días sinalados. Tanto a parte social como a económica teñen formada unha comisión de vixilancia que, a través dos seus representantes acreditados, denunciarán a todos aqueles industriais que infrinxan os acordos deste convenio á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais por medio das súas delegacións provinciais.

Artigo 17º.-Antigüedade.

Co fin de fomenta-la vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servicio dentro da propia empresa para todo o persoal afectado polo convenio, nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre o salario base.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión mixta composta por un presidente, dous vocais pola parte empresarial e dous pola parte social cos seus respectivos suplentes, sendo elixidos os vocais entre os membros da comisión deliberadora.

Artigo 19º

A comisión a que se alude no artigo anterior impulsará de forma inmediata ante os organismos competentes a creación de cursos de formación profesional orientados a especialización dos traballadores do sector.

Artigo 20º.-ILT.

Os traballadores afectados polo presente covnenio, no caso de accidente laboral ou enfermidade con hospitalización, serán remunerados normalmente ao 100 por 100 do seu salario normal desde o día da súa hospitalización, sendo a cargo da empresa a diferencia entre a cantidade cobrada, segundo as disposicións da Seguridade Social, e o salario en situación de alta.

Tamén aboará a empresa o 100 por 100 do salario real no caso de enfermidade desde o 40 ó 200 día de baixa.

Artigo 21º.-Póliza de accidentes.

As empresas están obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de tres meses a partir

da contratación dun traballador, unha póliza de seguros con vistas á cobertura e ós riscos de falecemento ou incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo, incluídos os in itinere, que lles garante ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa a percepción das seguintes indemnizacións:

-1.500.000 ptas. en caso de morte.

-1.500.000 ptas. en caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

A referida pólia só abarcará os procesos iniciados a partir da vixencia e validez dela.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización que sexa percibida con cargo a contrato de seguro de accidente que voluntariamente se contén neste convenio, considerarase como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, puideran declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza unha vez que exista resolución definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Os traballadores terán dereito a unha revisión médica anual.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

Todo traballador que se xubile antes dos 65 anos percibirá en concepto de gratificación unha remuneración que se establece de acordo coas seguintes normas:

-De 10 a 15 anos de antigüedade: 20% da seguinte táboa.

-De 15 a 20 anos de antigüedade: 30% da seguinte táboa.

-De 20 a 25 anos de antigüedade: 40% da seguinte táboa.

Táboa:

-Ós 60 anos: 6 mensualidades.

-Ós 61 anos: 4 mensualidades.

-Ós 62 anos: 3 mensualidades.

-Ós 63 anos: 2 mensualidades.

-Ós 64 anos: 1 mensualidade.

Artigo 23º

Interromperanse as vacacións cando por causa de enfermidade ou accidente sexa necesaria a hospitalización do traballador sendo a súa interrupción polo tempo en que dure a hospitalización.

Artigo 24º.-Definición de cataegorías profesionais.

a) Oficial de pa. Será aquel traballador que verificará as funcións inherentes á cocción, comezando pola posta a punto do forno para o enfornamento do pan, a realización deste, coidado dos aparellos necesarios para o labor forneiro así como o funcionamento das caldeiras de vapor e contidos necesarios.

Adquirirán a categoría profesional de oficial de pa aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de alomenos oito anos.

b) Oficial de masa. É o traballador que ten ó seu cargo os traballos de amasador e preparación de levaduras, coidando así mesmo de vixia-lo bo funcionamento e estado das amasadoras, efectuando a limpeza ou encargando que o verifiquen axudantes ou aprendices baixo a súa vixilancia.

Adquirirán a categoría profesional de oficiais de masa aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de alomenos seis anos.

c) Oficial de mesa. É o traballdor que ten como función primordial a tinguidura ou a confección de pezas de pan, entaboado delas, así como a división cando se utlicen ou non procedementos mecánicos de división.

Adquirirán a categoría profesional de oficial de mesa aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de alomenos tres anos.

d) Axudante. É o traballador que acredita a súa suficiencia pasados dous anos como mínimo de aprendiz na industria, e ten o cometido de auxiliar indistintamente ó oficial de pa, ó de mesa ou nos labores de confección de pezas, para alcanzar unha perfección nos seus coñecementos que lle permita ocupar postos de categoría superior.

Os traballadores anteriormente mencionados no momento en que os seus cometidos propios llelo permitan, axudarán ós traballadores encargados da confección das pezas de pan, entaboado delas e aseo da panadería.

Adquirirán a condición de axudante os traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de polo menos dous anos.

e) Peón. É o traballador maior de 20 anos encargado de efectuar os labores par os que se require predominantemente a aportación de esforzo físico, como traslado e carrexa de fariña, amontoamento desta, leña, carbón e ocupacións similares.

Artigo 25º.-Mobilidade funcional.

Con independencia da adquisición da categoría profesional polo transcurso do tempo sinalado no artigo anterior, todo traballador terá dereito ó ascenso a unha categoría superior, se como consecuencia da mobilidade funcional este viñera realizando funcións de categoría superior ás da súa categoría profesional, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos; neste caso o traballador ascenderá automaticamente á categoría profesional correspondente ó traballo que viñera realizando no dito período, tal e como sinala o artigo 39 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

A empresa poderá encomendarlles ós seus traballadores a realización de cometidos de categoría profesional inferior á súa por razóns técnicas, organizativas ou de producción que o xustifiquen e polo

tempo imprescindible para a súa realización, tal e como se sinala igualmente no artigo 39 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Disposición transitoria.

Será nulo claquera pacto producido no ámbito de aplicación deste convenio que non respecte os mínimos garantidos con carácter xeral no seu réxime salarial.

Disposición derradeira.

No non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto nas disposicións de xeral aplicación.

95-5850