Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.615

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 sobre relación de incluídos, excluídos e fixación do primeiro exercicio da convocatoria para a cobertura con carácter interino da praza vacante de xefe de unidade de caixa e contabilidade dos servicios económicos do Parlamento de Galicia.

Rematado o prazo de presentación de instancias e cumpridos os trámites pertinentes, para a provisión de unha praza con carácter interino de xefe de unidade de caixa e contabilidade dos servicios económicos do

Parlamento de Galicia (publicada no BOPG número 301, do 21 de agosto de 1995, DOG número 154, do 11 de agosto de 1995), esta presidencia adoptou a seguinte resolución:

1º Declarar aprobada a seguinte relación de admitidos e excluídos por orde alfabética:

2º Fixar como data e lugar de celebración do primeiro exercicio da oposición o día 20 de novembro de 1995, ás 16.30 horas no Pazo do Parlamento, quedando convocados tódolos aspiarantes admitidos para a súa realización.

3º Aclara-lo punto 3 da base V relativo ó exercicio de informática, no sentido de que se realizará utilizando o contorno Windows.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso perante a presidencia do parlamento (rexistro xeral, sito no pazo do Parlamento de Santiago de Compostela), no prazo de un mes a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela. 28 de setembro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

95-6291