Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.615

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 setembro de 1995 pola que se resolve convocatoria pública para a provision, polo sistema de libre designacion, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 18 de xullo de 1995 (DOG nº 148, do 3 de agosto) a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria y Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPON:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 18 de xullo de 1995 (DOG nº 148, do 3 de agosto).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballoque se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cese no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme ó establecido no artigo 14 do decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Nº rexistro persoal: 1310669024 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Aguarón Turrientes, Antonio.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Consumo.

Nivel de destino: 28.

Código do posto: IC.C99.10.000.32001.081.

Dependencia: Delegación provincial.

Localidade: Ourense.

95-6535