Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.614

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se amplía o prazo de inscrición para participar en certos cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde convocados mediante Resolución do 19 de xullo de 1995.

Con data 26 de xullo de 1995 foi publicada a convocatoria de oitenta e catro cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xullo de 1995.

Finalizado o prazo de presentación de instancias o día 2 de setembro, advírtese que en determinados

cursos o número de instancias formalizadas resulta substancialmente inferior ó número de prazas convocadas.

Co fin de acada-la máxima participación nos devanditos cursos,

DISPONSE:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación de instancias do 2-10-1995 ó 9-10-1995, ámbolos dous inclusive, que deberán formalizarse conforme o establecido na resolución deste centro directivo de 19 de xullo de 1995 (DOG nº 142, do 26 de xullo de 1995) e modifica-los destinatarios e datas do desenvolvemento dos cursos que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

CursosCentroDestinatariosDatas

Xestión de listas de esperaHospital Psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela.-Preferentemente xefes de servicio ou sección dos servicios de admisión hospitalaria.

-Outro persoal dos servicios de admisión.

23-10 ó 27-10

Xestión de subministraciónsHospital de Conxo. Santiago de Compostela-Preferentemente xefes de servicio ou sección dos servicios de subministración.

-Outro persoal dos servicios de subministración.

6-11 ó 10-11

13-11 ó 17-11

20-11 ó 21-11

Organización e control

de mantemento

Hospital Psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela.-Preferentemente xefes de servicio ou sección dos servicios de subministracións.

-Outro persoal enxeñeiro técnico ou mestre industrial.

15-11 ó 17-11

20-11 ó 24-11

27-11 ó 30-11

95-6464