Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995 pola que se anuncia a celebración dunhas xornadas de estudio sobre ética pública.

Dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1995, figura a realización dunhas xornadas de estudio sobre ética pública.

1. Obxecto.

Os días 16 e 17 de novenbro de 1995 terán lugar, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, unhas xornadas de estudio sobre ética pública.

O obxectivo destas xornadas é analiza-las conductas das administracións públicas e privadas, desde as perspectivas dos valores que loxicamente teñen que guialas, tomando as manifestacións anómalas e desviadas como inevitable punto de referencia. En segundo termo, preténdese recupera-la dimensión pedagóxica da lei e levar a cabo a construcción da responsabilidade dos cidadáns e, en especial, dos funcionarios, desde o punto de vista do dereito, da ética e das ciencias empíricas da conducta humana.

2. Contido.

Iniciar un proceso de sensibilización dos cidadáns en xeral, e dos funcionarios públicos moi en primeiro termo, para comenzar espertando a conciencia da

dimensión ética da función pública, seguida nun segundo momento da formación sistemática daquel persoal, cun criterio analítico, nos aspectos deontolóxicos da actividade profesional que habitualmente desempeña.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o xoves, día 16 de novembro, ás 10 horas, e rematará o venres, día 17 de novembro.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 13 de novembro de 1995.

-Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baldeiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 14 de novembro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncioes da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-6412