Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade que se citan (prazas número 1300/1995 e 1301/1995).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas do profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela de data 6 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril de 1995) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: bioloxía animal.

Praza número: 1300/1995.

Comisión titular.

Presidente: Tito Antonio Varela López, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Miguel Ángel López Peña, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Vocal 1º: Reyes Peña Santiago, catedrática de escola universitaria. Universidade de Xaén.

Vocal 2º: María José Sánchez-Muros Lozano, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Almería.

Vocal 3º: María Jesús Rueda Andrés, profesora titular de escolar universitaria. Universidade Nac. de Educación a Distancia.

Comisión suplente.

Presidente: José Emilio Mora Bermúdez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Carlos Gonzalo Lastra López, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Vocal 1º: Valentín Velasco Tovar, catedrático de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Vocal 2º: Francisco Javier González Vázquez, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Granada.

Vocal 3º: Dolores González Mora, profesora titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Praza de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería agroforestal.

Praza número: 1301/1995.

Comisión titular.

Presidente: Francisco Maseda Eimil, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Desiderio Novoa Piñeiro, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Luis López García. catedrático de escola universitaria. Universidade Castellano Manchega.

Vocal 2º: María del Carmen Iglesias Rodríguez, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Lleida.

Vocal 3º: Cecilia Raposo Llobet, profesora titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente.

Presidente: Rafael Pérez Rueda, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocal secretario: Manuel Méndez Lodos, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Cristina Molleda Clara, catedrática de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocal 2º: Domingo Sáenz Pisaca, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Laguna.

Vocal 3º: Rafael García Santos, profesor titular de escola universitaria. Universidade Pública de Navarra.

95-6364