Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 setembro de 1995 pola que se lle concede á empresa ATISAE, S.A., a renovación de cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Ricardo García López, en representación da empresa ATISAE, S.A., e a documentación anexa, na que solicita lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefación, climatización e auga quente sanitaria aprobada por Orden do 16 de xullo de 1981 (BOE do 13-8-1981), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Concederlle á empresa ATISAE, S.A. a renovación de cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantenedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983 (BOE do 16-4).

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente ó programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6304