Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Seragua-UTE, con domicilio en Valadares, concello de Vigo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Seragua-UTE a instalación dunha L.M.T. e C.T. en Valadares, concello de Vigo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 14 de agosto de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-6430