Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto das obras de acondicionamento do acceso á Universidade de Vigo (tramo do colexio Sobreira á subida a Beade).

-Obxecto: a execución das obras descritas no proxecto de acondicionamento, do acceso a Universidade de Vigo (tramo do colexio Sobreira a subida a Beade).

A forma de adxudicación do contrato será o concurso aberto.

-Prazo de execución: o prazo de execución da obra será de 4 meses contados desde o día seguinte da acta de comprobación do replanteo.

-Tipo de licitación: o tipo de licitación fíxase en 58.424.686 ptas. (IVE incluído).

-Fianzas: dispénsase a presentación da fianza provisional de acordo co disposto no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas. A fianza definitiva fíxase no 4% do tipo de licitación.

-Clasificación do contratista: grupo A, subgrupo 1, categoría b.

-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral do Concello de Vigo, das 9 ás 13 horas, dentro dos trece días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios do concurso no Diario Oficial de Galicia e BOP, acompañadas da documentación exisida no prego de condicións.

O prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de posibles reclamacións, durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no BOP.

-Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións na Casa do Concello de Vigo. Se esta coincidise en sábado, a apertura terá lugar á mesma hora do primeiro día hábil seguinte.

-Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 9 das condicións particulares do contrato.

-Modelo de proposición:

Don/Dona..., con DNI número..., expedido en..., actuando en nome propio (ou en representación de...), informado/a do concurso convocado polo Concello de Vigo para a execución das obras do proxecto de acondicionamento do acceso á Universidade de Vigo (tramo do colexio Sobreira a subida a Beade), segundo anuncio publicado no BOP nº... de data..., e Diario Oficial de Galicia nº... de data..., solicita a súa admisión, a el e comprométese, se resulta adxudicatario, a executa-las obras pola cantidade de... pesetas, con suxeición no prego de condicións técnicas e económico administrativas, que manifesta coñocer e aceptar integramente.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 25 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-6424