Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación da subministración de formigón e argamasa polo Concello de Vigo.

-Obxecto: adquisición polo procedemento de concurso aberto dos seguintes materiais:

Lote I: 900 m de argamasa M-300 de cemento.

Lote II: 850 m de formigón FCK = 175 kg/cm árido 25.

Lote III: 900 m formigón D 300 árido 25.

-Prazo de execución da subministración: a subministración efectuarase no prazo de dos 2 meses seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación.

-Tipo de licitación: o prezo máximo para a totalidade da subministración fíxase en 30.000.000 de ptas., fixándose como tipo para cada un dos lotes o de 10.000.000 de ptas.

-Fianzas: a provisional fíxase no 2% do tipo de licitación e a definitiva no 4% do citado tipo.

-Prego de condicións: o prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de posibles reclamacións, durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no BOP.

-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral do Concello de Vigo, das 9 ás 13 horas, dentro dos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios do concurso no Diario Oficial de Galicia e BOP, acompañadas da documentación esixida no prego de condicións.

-Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións na Casa do Concello de Vigo. Se esta coincidise en sábado, a apertura terá lugar á mesma hora do primeiro día hábil seguinte.

-Modelo de proposición:

Don/Dona..., con DNI número..., expedido en..., actuando en nome propio (ou en representación de...),

informado/a do concurso convocado polo Concello de Vigo para a subministración de 900 m de masa m-300 de cemento, 850 m de formigón FCK = 175 kg/cm árido 25 e 900 m de formigón D-300 árido 25, fai constar:

a) Que acepta integramente o prego de condicións.

b) Propón como prezos de adxudicación os seguintes:

Para o lote I (900 m de argamasa M-300 kg de cemento)... ptas., o que supón un prezo por metro cúbico de... ptas.

Para o lote II (850 m de formigón FCK = 175 kg/cm árido 25)... ptas., o que supón un prezo por metro cúbico de... ptas.

Para o lote III (900 m de formigón D-300 kg árido 25)... ptas., o que supón un prezo por metro cúbico de... ptas.

c) Reduce o tempo de subministración a que fai referencia na cláusula 4.2 en...

d) Aporta a documentación esixida no prego de condicións.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 21 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-6528