Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1995 pola que se convoca poxa para a contratación das obras do proxecto de restauración dos muíños cos números 162 e 163 do catálogo de muíños de auga do Concello de Vigo, sitos en Zamáns-Lavadores.

-Obxecto do contrato: será a execución das obras do proxecto de restauración dos muíños cos números 162 e 163 do catálogo de muíños de auga do Concello de Vigo, sitos en Zamáns-Lavadores (Vigo), redactado polo arquitecto Xan Casabella López, con suxeición á memoria, planos, cadros de prezos e porcentaxes e prego de prescricións técnicas.

-Prazo de execución: o prazo de execución do contrato fíxase en catro meses contados a partir da data de sinatura da acta de comprobación de replanteo.

-Prezo: o prezo máximo do contrato fíxase en 6.887.693 ptas., IVE incluído.

-Fianzas: a provisional fíxase no 2% do orzamento do proxecto, e a definitiva no 4% do prezo do contrato.

-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse a través do rexistro xeral do concello, das 9 as 13 horas, ou mediante correo na forma prevista legalmente, dentro do prazo de vinteseis días naturais seguintes a aquel no que se publique o último anuncio no BOP e Diario Oficial de Galicia.

Durante os oito primeiros días do anuncio no BOP, poderán presentarse reclamacións contra o prego de condicións, de conformidade e cos efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

-Apertura de plicas: terá lugar ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo outorgado para a presentación de proposicións na Casa do Concello de Vigo.

-Modelo de proposición.

Don/Dona... con DNI nº... en nome propio (ou en representación de... ), informado/a da poxa convocada polo Concello de Vigo para a execución das obras do proxecto de restauración dos muíños cos números 162 e 163 do catálogo de muíños de auga do Concello de Vigo, sitos en Zamáns-Lavadores (Vigo), segundo anuncio publicado no BOP nº... de data..., e Diario Oficial de Galicia nº... de data..., solicita a súa admisión a el e comprometese, en caso de resultar adxudicatario, a executa-las obras pola cantidade de... ptas, con suxeición ó prego das condicións técnicas e económico-administrativas, que manifesta coñecer e aceptar integramente.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, a 26 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-6530