Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/105-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Sada a Mera.

Situación: Sada-Oleiros.

Características técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 20 kV que parte da subestación de A.T. de Sada en construcción e remata na L.M.T. Breixo-Mera, de 3.640 m de lonxitude, dos que os 850 m subterráneos en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm) e un segundo tramo de 2.790 m en LA-110 aéreo, que discorre polos concellos de Sada e Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6307