Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/38 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Brillomiño, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. propiedade de Unión Fenosa Ramal-Cebreiros, derivación a Leirado no p.k. 7,2 da estrada Ponteareas-As Neves ata o C.T. que se proxecta en Quiemadiña-Leirado, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía ó serradoiro de granito.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.300 m de lonxitude, con conductores LA-30 e sobre apoios de formigón.

C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 3.305.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6393