Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.
Denominación: L.M.T. dobre circuíto Meirama-Mesón.
Situación: Ordes (A Coruña).
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en dobre circuíto de LA-110, de 3.309 m de lonxitude, que parte da suestación da central térmica de Meirama e remata na L.M.T. aérea denominada Carral-Mesón do Vento, Expte. 27.062. Concello de Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de setembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-6541