Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 21 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento de actas previas correspondentes á expropiación forzosa urxente dos terreos sitos no lugar de Arcos, do concello de Pol, necesarios para a explotación da canteira denominada Arcos.

Por decreto da Xunta de Galicia número 109/1995, do 31 de marzo, publicado no Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril de 1995, apróbase o expediente de expropiación forzosa que, con carácter de

urxencia, e a teor do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e demais disposicións concordantes, instrúe a Administración, para a ocupación dos terreos sitos no lugar de Arcos, do concello de Pol, que son necesarios para a explotación da canteira denominada Arcos, da que é titular a sociedade Explotación de Canteras del Noroeste, S.A. (Excansa).

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, faise saber a tódolos afectados pola expropiación de referencia, que despois de transcorridos, como mínimo, oito días hábiles, a partir da publicación do presente anuncio, procederase ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios que figuran detallados nos anuncios publicados no BOP de Lugo número 214, do 16 de setembro de 1995, e no xornal El Progreso desta mesma capital do 9 de setembro de 1995, nas condicións que os ditos anuncios sinalan.

Lugo, 21 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6372