Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995 da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan. (Expte. C/95/94 e C/95/236).

O director xeral de Recursos Económicos, actuando no nome do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por delegación de atribución segundo Orde do 7 de maio de 1994, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, acordou dar publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

-Expediente: C/95/94.

Obxecto: implantación tarxeta sanitaria.

Orzamento: 22.341.600 ptas.

Adxudicatario: Roberto Zubiri, S.A.

-Expediente: C/95/236.

Obxecto: equipamento informático.

Orzamento: 26.000.000 ptas.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 119 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

6289