Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4362 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Ourense. Sáenz Díez, 95.

Finalidade: desvío de liñas eléctricas na estrada Monforte de Lemos-Lalín (tramo Escairón leste-Escairón oeste), concello do Saviñao.

Orixe da liña: no apoio 73 da mesma liña.

Final: no apoio 73 da mesma liña.

Situación do transformador:

Características: liña de media tensión 20 kV, conductor LA-56, e unha lonxitude de 147 metros. Liñas de baixa tensión, conductores R.Z.-25, apoios de formigón e subministrarán enerxía as poboacións de Vilanova, Santalla e outros.

Orzamento: 2.181.714 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9506365