Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de septembro de 1995 pola que se modifica a do 1 de xuño de 1995 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Co obxecto de poder apoiar aqueles proxectos pertencentes ós sectores de comercio polo miúdo e artesanal, nos que o investimento consista exclusivamente ou na súa maioría en bens inmobles e que non cumpran a limitación de que o investimento inmobiliario non supere o 80% da totalidade do proxecto establecida polo Instituto de Crédito Oficial, é necesario face-las oportunas modificacións nas cláusulas cuarta e sexta do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Visto o exposto e de conformidade coas entidades financeiras asinantes do convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a resolución de 1 de xuño de 1995 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras, publicado no Diario Oficial de Galicia número 118 bis, de 21 de xuño de 1995, do seguinte xeito:

1. Engádese á cláusula 4.1. último parágrafo o seguinte texto:

«Agás para proxectos, pertencentes ós sectores de comercio polo miúdo e artesanal, que teñan por obxecto o investimento en bens inmobles».

2. Engádese á cláusula 4.2. primeiro parágrafo o seguinte texto:

«Tamén serán subvencionables as actividades artesanais que se atopen definidas na orde da Consellería de Industria e Comercio de 22 de xullo de 1993,

pola que se aproban as actividades artesanais comprendidas na sección correspondente do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG nº 150, 6-8-1993), ou calquera modificación da mesma».

3. Engádese á cláusula 6.1.1. último parágrafo o seguinte texto:

«Agás para aqueles proxectos de investimento pertencentes ó sector de comercio polo miúdo e artesanal que pola natureza do investimento non poidan acollerse ó convenio Igape-ICO, para o que o investimento subvencionable será superior a 750.000 ptas. e o préstamo superior a 525.000 ptas».

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Igape

95-6409