Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel de Cedeira (A Coruña).

A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución do 27-9-1995 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

Obxecto: concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cedeira (A Coruña).

Orzamento: 35.000.000 de ptas.

Prazo: 3 meses.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas, hábiles de oficina.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta

no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 as 14 horas ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex o telegrama, no mesmo día, de confomridade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

Prazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Clasificación necesaria: a clasificación requirida será, grupo C completo, categoría D.

Apertura de proposicións:

-Lugar: na sala de xunta de Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Europa, 5-A (2º andar). Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

-Día e hora: ás 11 horas do quinto día natural, que no sexa sábado, seguinte á data do temo do prazo de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá acompañarse na documentación xeral (sobre nº 1) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo co proxecto, prazo e importe de cada proposición.

Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejado

Director xeral de Transportes

95-6410