Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso de proxecto e execución da obra de clave OH.236.328.

Procedemento aberto.

A) Obra: E.T.A.P. e abastecemento do Porriño e Mos (Pontevedra).

Clave: OH.236.328.

Orzamento: seiscentos cincuenta e cinco millóns seiscentas trinta e catro mil novecentas trinta e dúas pesetas (655.634.932 ptas.).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: 13.112.699 ptas.

(Declarada urxente segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de bases estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da L.C.A.P. e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexilación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do trixéximo día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-6359