Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto do cocurso público para a adxudicación do contrato privado de seguro.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anun

cia-lo concurso público, para a adxudicación do contrato privado de seguro que de seguido se caracteriza:

Obxecto do contrato privado de seguro: garanti-la prestación de asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e a indemnización por perdas anatómicas ou funcionais, producidas por idénticas causas.

Orzamento de licitación: dezasete millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (17.850.000 ptas.).

Prima individual: 350 ptas./período.

Número estimado do colectivo que se vai asegurar: 51.000 deportistas.

Garantía provisional: trescentas cincuenta e sete mil pesetas (357.000 ptas.).

Garantía definitiva: setecentas catorce mil pesetas (714.000 ptas.).

Vixencia do contrato: 1-11-1995 ó 15-9-1996.

A documentación acreditativa da capacidade para contratar e da solvencia técnica e profesional que deberán presenta-los licitadores é a consigna no prego de clásulas administrativas particulares que poderán ser retirados no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte o da publicación do presente no DOG.

Lugar de presentación: a presentación de proposicións efectuaráse no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios adminstrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaránse ó modelo establecido que se xunta ó prego de claúsulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correo e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida pola órgano de contratación con posterioridade ó prazo slinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola mesa de contratación desde 9.30 horas do segundo día hábil seguinte, que non sexa sábado, ó de remate de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Adminstración Pública.

Serán por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e a da insercción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Criterios para a adxudicación: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Extensión do cadro médico que presente o licitador.

2. Importe da prima.

3. Experiencia acreditada en contratos análogos.

4. Melloras que se propoñan para a súa introducción no clausulado da póliza que se vai subscribir.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

95-06356