Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.474

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (563/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 563/1994, a pedimento do procurador Losada Gómez, en representación de Caixa de Aforros de Galicia, contra Domingo Padrón Chao, Carmen Varela Méndez, Antonio Varela Gómez e María Méndez Santamaría, sobre reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día vintenove de novembro, ás 10.30 horas, consonte ás seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 5.850.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta nº 1500-17-0563/1994, o 20% do tipo o remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito a pedimento do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación de rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado e os licitadores deben conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vintesete de decembro, ás 10.30 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintecinco de xaneiro de 1996, ás 10.30 horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa.

Número vinteún. Vivenda letra I, da primeira planta dun edificio, construído na parcela R-8.2 do Polígono Fontiñas de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil de 64 metros e 65 decímetros cadrados. Anexos: ten como tales a praza de garaxe e o trasteiro sinalados co nº 21 na planta de sótano. Cota de participación: un, noventa e catro por cento. Inscrito no rexistro da propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no folio 205, libro 164, tomo 1138, predio 21.193.

Dado en Santiago de Compostela o vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-06417