Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (387/1993).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 18 de novembro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 387/1993, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante Vicente Canedo Barreiro, como denunciado, Jorge Bardau de la Vega, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Jorge Bardau de la Vega como autor da falta antes descrita á pena de multa de 10.000 ptas., con dous días de arresto menor substitutorio e con imposición das custas ó denunciado».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación ó denunciado, Jorge Bardau de la Vega, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoo de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

95-6220