Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (125/1994).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 18 de novembro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 125/1994, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante Enrique Becares Fuentes, como encargado do establecemento Simago desta cidade, como denunciada, Aurora Martínez López, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Aurora Martínez López como autora da falta antes descrita (furto en grao de frustración) á pena de 2 días de arresto menor e ó aboamento das custas, con devolución definitiva ó establecemento do obxecto recuperado.»

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación á denunciada, Aurora Martínez López, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte ó disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

95-6217