Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (356/1993).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 18 de febreiro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 356/1993, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante, Alfredo Escudero Rovira e como denunciados, Ricardo Carbajales Vázquez e Luis María Gianzo Carreira, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Luis María Gianzo Carreira como autor dunha falta de furto á pena de cinco días de arresto menor, e a Ricardo Carbajales Vázquez, como encubridor dunha falta de furto, á pena de tres días de arresto menor, con imposición a cada un da metade das custas».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación ó denunciante, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoo de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte ó disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

9506230