Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (270/1991).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 13 de marzo de 1992, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 270/1991, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciante María Dolores Feás Batallán, como denunciados, Juan Manuel Lois Vilas, Plácido Lois Vilariño e Celsa Vilas Lodeiros, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Plácido Lois Vilariño á pena de tres días de arresto menor e a Juan Manuel Lois Vilas á pena de multa de 10.000 ptas., con dous días de arresto menor substitutorio, como autores das faltas antes descritas (agresión con lesións e ameazas, respectivamente), con imposición das custas ós condenados por metades».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación ós denunciados, Juan Manuel Lois Vilas e Celsa Vilas Lodeiros, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoos de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito ou comparecencia no prazo de vintecatro horas, e igualmente pola presente cédula, van emprazados por cinco días perante a Audiencia Provincial por razón do recurso de apelación interposto por María Dolores Feás Batallán e por Plácido Lois Vilariño.

Rubricado

95-6225