Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.469

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (262/1991).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 8 de maio de 1992, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou sentencia no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 262/1991, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como prexudicada María del Carmen Santoro de Menbiela, como denunciados, Juan Carlos Rañal López e Rafael Luis Lago López, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Juan Carlos Rañal López e Rafael Luis Lago López como autores da falta antes descrita á pena de un día de arresto menor domiciliario a cada un deles. Fáiselle entrega definitiva á prexudicada do cartel recuperado. Impóñenselle-las custas do proceso ós condenados».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación á denunciante, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte ó disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

95-6224