Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.468

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (95/1991).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria da Administración de xustiza, substituta no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe que, nos autos dos que se fará mérito, se dictou a sentencia cun encabezado e decisión que din así:

Sentencia. En Santiago de Compostela o un de xullo de mil novecentos noventa e tres.

Vistos os presentes autos de xuízo de cognición seguidos perante este xulgado co nº 95/1991, por instancia da procuradora María de los Ángeles Regueiro Muñoz, en nome de Roberto Rodríguez Míguez, contra Julio Casal Fernández Couto, en situación procesual de rebeldía.

Decido que considerando a demanda interposta pola procuradora María de los Ángeles Regueiro Muñoz, en nome de Roberto Rodríguez Míguez contra Julio

Casal Fernández Couto, e debo condenar e condeno ó dito demandado a que lle pague ó demandante a cantidade de 378.000 ptas., mailos xuros legais a partir da data do emprazamento.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Advírtanse as partes de que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación e perante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Ramón Lojo Aller. Maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Julio Casal Fernández Couto, en situación procesual de rebeldía, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de xullo de mil novecentos noventa e tres.

A secretaria

Rubricado

95-6221