Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.467

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (22/1995).

Eu, María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos do Ord. Suma. Hipot. artigo 131 L.H. que se seguen neste xulgado co número 22/1995, por instancia de Caixa Vigo, representada por Manuel Castro del Río, contra Jomafisa, S.L., sobre reclamación de crédito hipotecario, acordouse sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os predios, dos cales o prezo taxado polos interesados é o da escritura de constitución da hipoteca, e que se describen ó final, e dos que o remate terá lugar nas datas e coas condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa: o 7 de novembro de 1995, ás 13 horas.

Segunda poxa: o 20 de decembro de 1995, ás 13 horas.

Terceira poxa: o 15 de febreiro de 1996, ás 10 horas.

Condicións das poxas:

Primeira: os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda: desde o anuncio ata a celebración da poxa poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, achegando co dito escrito o xustificante de a ter ingresada, a consignación que máis tarde se sinalará, e as mencionadas ofertas conservaranse no poder do secretario do xulgado e abriranse no acto do remate.

Terceira: para tomar parte na primeira poxa os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A. unha cantidade igual, polo menos, ó 20% da taxación dos predios.

Cuarta: as ofertas poderán facerse na calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinta: para o caso de que non haxa oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda coa rebaixa do 25% da taxación, coas mesmas condicións que

xa se dixeron, e establécese no 20% da cantidade rebaixada.

Sexta: a terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións cás anteriores, debendo de consignar os interesados para poder participar nela unha cantidade igual á sinalada para a segunda poxa.

Sétima: a parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava: enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, do crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Predios para poxar e o seu tipo:

1. Local número once. Piso primeiro, letra A, situado na primeira planta alta. Destínase a vivenda e está distribuído en corredor, cociña, comedor, dous cuartos de baño, e catro dormitorios. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do leste; sur, ou traseira, terraza do semisoto do leste e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, herdeiros de Antonio Pazos Martínez, con casa e as demais dependencias; e oeste ou dereita, piso letra B desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces do leste. Ten unha superficie útil de cento catorce metros con vintesete decímetros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 87, predio número 19.775. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

2. Local número doce. Piso primeiro, letra B, situado na planta alta. Destínase a vivenda e está distribuído en corredor, cociña, comedor, dous cuartos de baño, e catro dormitorios. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do leste; sur, ou traseira, terraza da planta de semisotos e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, piso letra A desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces; e oeste ou dereita, piso letra C desta planta. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 91, predio número 19.777. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

3. Local número trece. Piso primeiro, letra C, situado na primeira planta alta. Destínase a vivenda e está distribuído en corredor, cociña, comedor, dous cuartos de baño, e catro dormitorios. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do centro; sur, ou traseira, terraza da planta de semisoto e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa na que está situado piso letra B desta planta; e oeste, piso letra D desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces do centro. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propie

dade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 111, predio número 19.787. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

4. Local número vintecatro. Piso terceiro, letra B, situado na terceira planta alta. Destínase a vivenda e está distribuído en corredor, cociña, comedor, dous cuartos de baño, e catro dormitorios. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do leste; sur, ou traseira, terraza da planta de semisoto e relanzo do oco das escaleiras; este ou esquerda entrando da rúa da súa situación, piso letra A desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces; e oeste ou dereita, piso letra C desta planta. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 139, predio número 19.801. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

5. Local número vintecinco. Piso terceiro, letra C situado na terceira planta alta. Destínase a vivenda, e está distribuído en corredor, cociña, comedor, dous cuartos de baño, e catro dormitorios. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do centro; sur ou traseira, terraza da planta do semisoto e ralanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, piso letra D,, desta planta; e oeste, piso letra D, desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces do centro. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 143, predio número 19.803. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

6. Local número vintenove. Ático letra A, situado na planta de áticos que é tamén a cuarta planta alta. Destínase a vivenda, e está distribuído en corredor, cociña, comedor, un cuarto de baño e tres dormitorios. Ten unha superficie útil de noventa e sete metros con corenta e sete decímetros cadrados. Ten unha terraza pola súa fronte de dezaseis metros cadrados. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do leste; sur ou traseira, terraza do semisoto do leste e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, herdeiros de Antonio Pazos Martínez, coa casa e demais dependencias; e oeste ou dereita, piso letra B, desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces do leste. Ten unha superficie útil de cento catorce metros con vintesete decímetros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 159, predio número 19.811. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

7. Local número trinta. Ático letra B, situado na planta de áticos, que é tamén, a cuarta planta. Destínase a vivenda, e está distribuído en corredor, cociña, comedor, un cuarto de baño e tres dormitorios. Ten unha superficie útil de noventa e un metros con sesenta e dous decímetros cadrados. Ten unha terraza pola súa fronte duns dezaseis metros cadrados. Linda norte ou fronte rúa Rosalía de Castro e patio de luces do leste; sur ou traseira, terraza da planta de semisoto

e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, piso letra A desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces; e oeste ou dereita, piso letra C desta planta. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 163, predio número 19.813. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

8. Local número trinta e un. Ático letra C, situado na planta de áticos que é tamén a cuarta planta alta. Destínase a vivenda e está distribuído en corredor, cociña, comedor, un cuarto de baño e tres dormitorios. Ten unha superficie útil de noventa e un metros con sesenta e dous decímetros cadrados. Ten unha terraza pola súa fronte duns dezaseis metros cadrados. Linda norte ou fronte, rúa Rosalía de Castro e patio de luces do centro; sur ou traseira, terraza da planta do semisoto e relanzo das escaleiras; leste ou esquerda, entrando desde a rúa da súa situación, piso letra B desta planta, relanzo e oco das escaleiras e patio de luces do centro. Ten unha superficie útil de cento oito metros con corenta e dous decímetros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 527, libro 131, folio 167, predio número 19.815. Tipo da taxación para os efectos da poxa: 9.450.000 ptas.

E para que conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais nos que se ten acordada a súa inscrición, así como de notificación á debedora no caso de que ela non fose achada no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 25 de setembro de 1995.

Inmaculada Rodríguez Mahía

A secretaria

95-6254