Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.466

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de emprazamento (192/1995).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia desta vila, en resolución do día da data, dictada en autos de xuízo de cognición, seguidos neste xulgado co número 192/1995 a pedimento de Manuel Rey Montero, representado pola procuradora Teresa Pernas Grobas, contra Fernanda Moreira López e Ramón Santos e os herdeiros descoñecidos e incertos de Elena Moreira López, con domicilio actual ignorado; por medio da presente cédula emprázanse os posibles herdeiros descoñecidos e incertos de Elena Moreira López, co fin de que, no prazo de dez días, comparezan en legal forma nos presentes autos baixo apercibimento de que, se non o verifican, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito; e fágolles saber que a demanda e os documentos presentados

con ela están a disposición deles na secretaría deste xulgado.

E, para que conste e lles sirva de emprazamento ós herdeiros descoñecidos e incertos de Elena Moreira López, expido e asino a presente cédula en Arzúa, 8 de setembro de 1995.

Dolores Pernas Alonso

Secretaria en funcións

95-6413