Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995 pola que se proclaman os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, configura nos artigos 40 e 41 ó Consello Galego de Servicios Sociais como o órgano superior consultivo e de participación da Comunidade Autónoma no eido dos servicios sociais e ós consellos provinciais de Servicios Sociais, como órganos consultivos e de participación en materia de servicios sociais no ámbito provincial.

En desenvolvemento desta disposición normativa publícase o Decreto 336/1994, do 27 de outubro, que establece a composición dos devanditos consellos de servicios sociais e a Orde do 10 de maio de 1995, que establece as normas e prazos que deberán rexe-lo procedemento para a designación ou elección, segundo o caso, e posterior nomeamento dos vocais dos consellos.

Para os efectos de proceder ás votacións e de conformidade co disposto nos artigos 4 e 8 da Orde do 10 de maio de 1995, que establecen un prazo de 15 días naturais desde a publicación desta resolución, para que as entidades que se relacionan no anexo I da devandita orde así como as asociacións de con

sumidores, emitan o seu voto conforme o modelo que se publica como anexo V e VI, respectivamente, á presente orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais:

-En representación das entidades que actúan na área da familia e infancia:

Ángel Martínez Puente-Colectivo Galego do Menor.

Julio Antonio Soto Varela-Fundación San Rosendo.

-En representación das entidades que actúan na área das minusvalideces:

a) Psíquicas:

Julio César Cortiñas López-Federación de Asociacións en Favor dos Minusválidos Psíquicos de Galicia.

Mª del Carmen Puga Pereiro-Asociación Juan XXIII para Protección de Subnormales. Pontevedra.

b) Físicas:

Domingo Dosil Cubelo-Confederación Galega de Minusválidos.

Ángel Gárate Roca-Federación Gallega de Deportes para Minusválidos Físicos.

José Mª Méndez López-Asociación Integrativa Minusválidos Físicos da Coruña.

c) Sensoriais:

Feliciano Sola Limia-Federación de Asociacións de Xordos do País Galego.

-En representación das entidades que actúan na área da terceira idade:

a) Entidades que non dispoñen de centros asistenciais:

Eloy Lozano Prieto-Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (FETEGA-UDP) Ourense.

Mª Luisa Ansorena Hortega-Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados. UDP (Coruña).

Francisco Gómez Fernández-Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos.

Manuel Rúa Fernández-Asociación Galega de Pensionistas.

b) Entidades que dispoñen de centros asistenciais:

José Veiga García-Congregación Hermanitas de Ancianos Desamparados. A Coruña.

-En representación das entidades que actúan na área da marxinación social:

Juan Ramón Ferreira López-Federación Ex-alcohólicos de Galicia.

Antonio Gómez Rojo-Cáritas Diocesana de Ourense.

-En representación das asociacións que velen polos intereses dos usuarios de centros e servicios sociais:

Juan Carlos Ulla Otero-Asociación Consumidores Gallegos.

Segundo.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais da Coruña:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Ángel Gárate Roca-Asociación Socio-cultural Minusválidos de Ferrol.

Manuel Parada Rego-Federación Provincial Minusválidos Físicos da Coruña.

Elías Palacio Verdini-Asociación pro Nenos Anormais de Galicia (Aspronaga).

Terceiro.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Lugo:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Mª Victoria Ferreiro Couso-Asociación Provincial de Pais de Nenos e Adolescentes Minusválidos Psíquicos (Aspnais).

Miguel Ángel Gómez Vázquez-Fundación «O Noso Lar».

Antonio Gandoy Díaz-Cáritas Diocesana de Lugo.

-En representación das entidades veciñais:

Xosé Roda Vázquez-Asociación de Veciños «Cruz da Venta».

Cuarto.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Julio Antonio Soto Varela-Fundación San Rosendo.

Eloy Lozano Prieto-Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados de Ourense. UDP (Ourense).

Quinto.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Pontevedra:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Oswaldo Davila Piñeiro-Sociedad para el Desarrollo de Ideas y Técnicas para Minuválidos Físicos (Sodim).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9505579