Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 setembro de 1995 pola que se lle concede á empresa Antonio Román Gómez-Lanzas e 3 máis C.B. AROS, con sede en Santiago de Compostela (A Coruña), a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Vista a solicitude presentada pola empresa Antonio Román Gómez-Lanzas e 3 máis C.B. AROS, con sede en Santiago de Compostela (A Coruña), e a documentación anexa, na que solicitou lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Outorgar á empresa Antonio Román Gómez-Lanzas e 3 máis C.B. AROS, con sede en Santiago de Com

postela (A Coruña), a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-06351