Asunción pola Deputación Provincial de Lugo de funcións que delegan os concellos da provincia en materia de xestión tributaria.
A Deputación Provincial en Pleno do 27 de marzo de 1995 adoptou o acordo polo que se aproban as bases que rexerán para a aceptación das delegacións que os concellos efectúen en materia de xestión, liquidación e recadación dos seus tributos, taxas, prezos públicos e demais exaccións, todo iso de conformidade co marco xurídico establecido polos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases
de réxime local e o artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, co seguinte detalle:
«Bases que rexerán para a aceptación das delegacións que os concellos efectúen en materia de xestión, liquidación e recadación dos seus tributos, taxas, prezos públicos e demais exaccións.
Base I
A Deputación Provincial de Lugo asume:
a) As facultades que os concellos teñen atribuídas en materia de xestión tributaria do imposto sobre bens inmobles e do imposto sobre actividades económicas reguladas nos artigos 78.2º e 92.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro.
b) As competencias que os concellos teñen atribuídas en período voluntario dos impostos anteriormente citados e calquera outro imposto, taxas, prezos públicos de cobro periódico anual que se recadan mediante padrón.
c) Tódalas competencias en materia de xestión recadatoria en período executivo, para facer efectivas as liquidacións periódicas e non periódicas correspondentes a débedas liquidadas polos concellos non ingresadas en período voluntario.
Base II
As facultades delegadas, tanto en relación a actuacións materiais como xurídicas, serán exercidas pola Deputación Provincial de Lugo, a través de calquera das formas de xestión previstas pola lei e que determine a expresada corporación.
Base III
Para o exercicio das facultades delegadas, o Servicio Provincial de Recadación aterase ó ordenamento local e demais lexislación aplicable de acordo co establecido na Lei reguladora das facendas locais así como á normativa en materia de xestión e recadación tributarias que poida dicta-la Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamentaria prevista no artigo 106.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Base IV
Os concellos prestarán á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a boa prestación do servicio.
Base V
Polo exercicio das funcións delegadas a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en:
a) O 6% do principal recadado en período voluntario.
b) O recargo de constrinximento, máis as custas e xuros do recadado en período executivo.
Estas compensacións económicas serán deducidas das liquidacións que se realicen.
Estas porcentaxes poderán ser revisadas en función da evolución dos ingresos e custos do servicio, por acordo de ámbalas partes.
Base VI
A Deputación Provincial de Lugo poderá negociar con entidades de crédito un sistema de anticipos periódicos, a conta dos recursos xestionados, os cales quedarán afectados en garantía do reintegro dos anticipos entregados ós concellos. A cantidade do anticipo non superará o 75% da recadación obtida no exercicio inmediato anterior. O custo financeiro dos anticipos referidos será a cargo dos concellos.
Base VII
No mes de decembro realizarase ó concello unha liquidación anual, sen prexuízo da realización de liquidacións parciais, que serán efectuadas segundo o calendario de recadación que se elabore, e sen custo financeiro.
Base VIII
A Deputación Provincial de Lugo e os concellos configurarán o seu compromiso mediante a formalización dun convenio que subscribirán os respectivos presidentes e que terá unha vixencia de dez anos, renovada automaticamente por prazos iguais, se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado e comunicado no primeiro semestre do penúltimo ano de vixencia da delegación.
Base IX
As bases anteriores non serán de aplicación ós concellos que deleguen exclusivamente a recadación executiva sen incluí-la recadación voluntaria dalgún dos seus impostos».
Distintos concellos da provincia adheríronse ás bases anteriores adoptando os correspondentes acordos de delegación co alcance e contido seguintes:
acordo período voluntario período executivo
Concello Data
Xestión Recadación en
Recadación en
I.V.T.M.
I.V.T.M. de Rei I.V.T.M. do Courel I.V.T.M.Abadín 2-5-1995 I.B.I.
Tódalas débedas liquidadas non ingresadas en período voluntario
Baralla 2-5-1995 I.B.I.
Idem
Becerreá 29-3-1995 I.B.I.
Begonte 2-1-1995 I.B.I.
Castro
2-5-1995 I.B.I.
Castroverde 29-3-1995 I.B.I.
Cervantes 11-4-1995 I.B.I.
O Corgo 1-4-1995 I.B.I.
Idem
Cospeito 2-5-1995 I.B.I.
Folgoso
3-5-1995 I.B.I.
Idem
Guntín 2-5-1995 I.B.I.
Láncara 6-4-1995 I.B.I.
acordo período voluntario período executivo
Concello Data
Xestión Recadación en
Recadación en
Prezo público por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeas e elementos auxiliares con finalidade lucrativa.
Calquera outro recurso que se estime conveniente delegar na deputación provincial.
Suarna de Rei Rei do Cebreiro I.V.T.M. BrollónMeira 28-3-1995 I.B.I.
Monterroso 19-4-1995 I.B.I.
Idem
Muras 2-5-1995 I.B.I. I.B.I. Idem
Navia de
22-5-1995 I.B.I.
Ourol 18-4-1995 I.B.I.
Outeiro
27-4-1995 I.B.I.
Palas de
25-3-1995 I.B.I.
A Pastoriza 22-4-1995 I.B.I.
Pedrafita
7-4-1995 I.B.I.
Portomarín 2-5-1995 I.B.I.
Idem
A Pobra de
20-3-1995 I.B.I.
A Pontenova 4-4-1995 I.B.I.
acordo período voluntario período executivo
Concello Data
Xestión Recadación en
Recadación en
Piquín
Quiroga 30-3-1995 I.B.I.
Ribas de Sil 2-5-1995 I.B.I.
Ribeira de
20-4-1995 I.B.I.
Riotorto 11-4-1995 I.B.I.
Samos 2-5-1995 I.B.I.
Sarria 30-3-1995 I.B.I.
O Saviñao 14-3-1995 I.B.I.
Sober 10-3-1995 I.B.I.
Taboada 29-3-1995 I.B.I.
Trabada 2-5-1995 I.B.I.
O Valadouro 3-5-1995 I.B.I.
O Vicedo 2-5-1995 I.B.I.
Xermade 2-5-1995 I.B.I.
Lugo, 4 de xullo de 1995.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente
Faustino Martínez Fernández
Secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo
O DIARIO OFICIAL DE GALICIA
VÉNDESE:
NA CORUÑA: EN PONTEVEDRA:
Na librería Arenas, Cantón Grande, 21 En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.
Na librería Inoa, Federico Tapia, 55. Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.
EN FERROL:
Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4. EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:
Na librería Egea, rúa Sol, 74. Nos edificios administrativos de San Caetano,
edificio central, planta baixa, rexistro xeral.
EN LUGO: Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.
Na librería Souto, praza de España, 14. Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.
EN OURENSE:
En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65. EN VIGO:
No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46. En Librería Colón, rúa Colón, 22.