Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Aprobados pola comisión de goberno os pregos de condicións económico-administrativas que deberán rexer para a contratación mediante concurso con procedemento aberto da reforma das instalacións eléctricas municipais para conseguir aforro enerxético, expóñense ó público durante o prazo de oito días contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP, para efectos de presentación de reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso con procedemento aberto, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto: reforma das instalacións eléctricas municipais para conseguir aforro enerxético.

Prazo de execución: seis meses.

Documentación: os pregos de condicións están a disposición dos interesados na secretaría do concello, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

Modelo de proposición: está contido no prego de condicións.

Prazo de presentación: finaliza ás 14 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de proposicións: o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo anterior, ás 13 horas.

Sada, 14 de setembro de 1995.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9506042