Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación. Poxa con admisión previa.

Obxecto: reparación da ponte dos Muíños, cun orzamento de execución por contrata de 63.681.135 ptas.

Prazo de execución: 12 meses. Data prevista de iniciación, 1-11-1995.

Documentación: na Secretaría da Corporación.

Fianzas: provisional 1.273.623 ptas. Definitiva, 2.547.245 ptas.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: trece días naturais desque se produza a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Requisitos para a admisión previa:

1. Certificado que xustifique a experiencia da empresa en tecnoloxía tradicionais de carpintería e cantería vincualada ás obras de rehabilitación de inombles de interese histórico-artístico de características semallantes ó que é obxecto do contrato.

2. A programación temporal das obras con diagrama de tempos, actividades e previsión de custos.

3. Certificado que xustifique a experiencia en execución de obras de natureza e magnitude semellantes á que é obxecto do contrato.

4. Plan de dispositivos, instalacións e maquinarias dispoñibles para a axeitada organización e execución do proceso constructivo.

5. O cadro de persoal da empresa e o do que se utilizará na execución da obra.

Clasificación: grupo A, subgrupos 1, 2, 3 e 4, categoría e). Grupo C, tódolos subgrupos, categoría d). Grupo E, subgrupos 4, 5 e 7, categoría e). Gurpo F, subgrupo 7, categoría e). Grupo K, subgrupo 6, categoría d).

Modelo de oferta económica:

Don/Dona.. con domicilio en... e titular do DNI número... tomo parte en nome propio (ou en nome de...) na licitación do contrato de reparación da ponte dos Muíños, e ofrezo o prezo de.. ptas., IVE incluído. Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

En..., ... de... de 1995. Asinado.

O prego de condicións exponse ó público por un prazo de oito días, en cumprimento do artigo 122.2º do RDL 781/1986.

Muros, 14 de setembro de 1995.

Xosé Santiago Lago Hermida

Alcalde

6191