Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións para a contratación da xestión do servicio de piscina municipal cuberta climatizada, anúnciase a licitación consonte o referido prego que se extracta:

Obxecto do concurso: é obxecto do presente concurso aberto a concesión administrativa da explotación do servicio de piscina cuberta climatizada, sita na rúa José Salgado de Caldas de Reis (Estrada Chapa-Vilagarcía).

O concesionario farase cargo de tódalas instalacións; para tal efecto formalizarase inventario, previamente á iniciación da actividade.

Prazo da concesión: o prazo da concesión será de dous (2) anos.

Ó termo da concesión, revertirán ó concello tódolos bens e instalacións propiedade deste relacionadas no inventario e as que incorporase o concesionario, así

como as instalacións non fixas que este ofertará na súa proposición, toto isto en perfectas condicións e funcionamento.

Enténdese por instalacións fixas aquelas que, tendo como destino normal a explotación da concesión, requiran para o seu uso e funcionamento a adhesión a algunha parte do inmoble.

Tipo de licitación: fíxase como canon ou tipo mínimo de licitación o de 100.000 ptas. anuais. A cantidade ofertada ingresaráselle ó concello por trimestres anticipados; sen este requisito, non poderán manterse abertas ó público as instalacións. O ingreso realizarase dentro dos primeiros quince días naturais de cada trimestre, ou durante os quince días seguintes con recargo do 5%. Transcorrido o prazo de prórroga, o recargo será do 20%, independentemente da sanción que proceda. O ingreso efectuarase sen requirimento ningún por parte do concello.

Prego de condicións: o prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de reclamacións, durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no BOP.

Facilitaránselles copias ós interesados durante o prazo de presentación de plicas.

Garantías provisional e definitiva: para tomar parte no concurso é preciso cosntituír garantía provisional ante o tesoureiro do concello, en calquera das formas establecidas no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Quen resulte adxudicatario debrá constituír garantía definitiva por importe de 40.000 pesetas en calquera das formas antes referidas, no prazo dos 15 días seguintes ó de notificación de adxudicación definitiva.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións para optar ó concurso presentaranse en sobre pechado ou lacrado na secretaría do concello durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio da convocatoria no DOG, BOP ou xoral dos de maios tirada na provincia. Nun sobre (sobre B) figurará a proposición axustada ó modelo que se transcribe ó final deste prego; nela sinalarase o precio anual para satisfacer ó concello. Noutro sobre (sobre A) deberanse incluí-los seguintes documentos:

a) Resgardo da garantía provisional.

b) Xustificación de non estar comprendido en ningún dos supostos de prohibición para contratar coas administracións públicas, sinalados no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio. A xustificación realizarase mediante testemuño xudicial, certificación administrativa e subsidiariamente, se os referidos documentos non poden ser expedidos pola autoridade competente, poderán substituírse pro declaración responsable ante notario público ou autoridade administrativa.

c) Escritura de constitución ou modificación de sociedade (persoa xurídica).

d) DNI do asinante da proposición.

e) Poder acreditado de suficiencia, a custa do licitador, polo secretario do concello.

f) Último recibo do IAE.

g) Memoria detallada, onde o licitador exprese a forma en que prestará o servicio (horario, medios, etc.).

h) Proxecto de explotación con indicación de tarifas previstas.

Nos sobres figurará a lenda Proposición para tomar parte no concurso para a adxudicación do servicio de piscina municipal.

Apertura de plicas: a mesa formada polo alcalde-presidente, ou concelleiro no que delegue, consitutirase ás 12.30 horas do seguinte día ó que remate o prazo de admisión de proposicións; se este fose inhábil ou sábado, trasladarase ó inmediato posterior que sexa hábil. Lidas polo presidente estas, comezando polo sobre referido á documentación (A), rexeitaranse as que non xunten toda a documentación esixida por este prego. A continuación procederase á apertura do sobre (B) relativo a proposta económica, das que resulten admitidas, e rexeitaranse as non axustadas ó modelo que podan producir dúbida racional sobre a persoa do licitador, prezo ofertado ou compromiso que contraia. Da apertura de proposicións levantarase acta, sen que a mesa verifique adxudicación provisional.

Modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., con DNI número..., expedido en... o día..., en representación de..., informado/a do anuncio de licitación do concurso convocado para a contratación da xestión do servicio de piscina municipal cuberta climatizada, manifesta:

1. Que coñece o prego de cláusulas administrativas particulares para tomar parte no concurso aberto de contratación dos servicios da piscina cuberta climatizada de Caldas de Reis.

2. Declara baixo a súa responsabilidade que, como licitador, en plena capacidade xurídica e de obra e dispón de medios materiais, económicos e persoais suficientes para realiza-los servicios, reúne os requisitos específicos esixidos e non se encontra incurso en ningunha das causas de incapacidade nin de incompatibilidade para contratar coa Administración municipal, de acordo co disposto na vixente Lei de contratos das administracións públicas.

3. Establécese como prezo anual do contrato polos servicios o de... pesetas, IVE incluído. (O licitador expresará en letra e número a cantidade que corresponda).

4. Achega o plan de organización e funcionamento do servicio ofertado e demais documentación esixida no prego de condicións (sobre A).

Lugar, data e sinatura do licitador.

Caldas de Reis, 7 de setembro de 1995.

José María Tobío Barreira

Alcalde

95-6205