Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras-O Barco de Valdeorras (Ourense), pola que se anuncia o concurso público número 4/1995, polo trámite de urxencia, para a subministración dunha mesa cirúrxica ortopédica e traumatoloxía.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras-O Barco de Valdeorras (Ourense), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición dunha mesa cirúrxica ortopédica e traumatoloxía.

Orzamento: 9.000.000 de ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 180.000 ptas.

Fianza definitiva: 360.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Plazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisición de variantes: non se admitirán variantes, de acordo coa cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecidio no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu examen, no servicio de subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde de Fenosa, 50-O Barco de Valdeorras (Ourense), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 as 15 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asiandos polo licitador ou persoa que o represente no rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 33 90 37 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde Fenosa, 50-O Barco de Valdeorras (Ourense), a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

O Barco de Valdeorras, 8 de setembro de 1995.

Enrique I. Pérez Rivera

Director gerente do Hospital Comarcal Valdeorras

95-6242