Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto, para a subministración de aparellos de odontoloxía (C.P. 1/1995).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público número 1/1995.

Obxecto: subministración de aparellos de odontoloxía, por un orzamento de contrata de seis millóns novecentas mil pesetas (6.900.000 ptas.).

Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto.

Prazo de entrega: un mes desde a data de adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria, área norte en Avda. de Vigo, 16, 36006 Pontevedra, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: provisional, non se esixe. Definitiva, será do 4% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria en Avda. de Vigo, 16, 36006 Pontevedra, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regu

lamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, área sur (Vigo), as 9 horas do décimo cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia económica e financeira acrecitarase por un dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase por medio de:

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais e homologados, encargados do control da calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados coa referencia a certas especificacións ou normas.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 7 de setembro de 1995.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

95-6243