Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, da asistencia consistente na realización dunha compaña informativa de seguridade e hixiene no traballo no sector da construcción.

Obxecto do contrato: organización e realización dunha campaña informativa sobre seguridade e hixiene na construcción e gabias a través do medio radio, paneis publicitarios e obxectos de mercadotecnia directa, con cobertura en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Importe de licitación: nove millóns (9.000.000) de pesetas), IVE engadido.

Prazo de execución: 17 días.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estará á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Seguridade e Hixiene, de luns a venres, de 9 ás 14 horas, sita no complexo administrativo de San Caetano, planta baixa, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 46 25.

Fianza provisional: o 2% do importe polo que se licita, que resulta ser de 180.000 ptas.

Presentación de propsocións: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (San Caetano, Santiago de Compostela) ou por calquera das vías admitidas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de 13 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Santiago de Compostela) ás 11 horas do undécimo día posterior ó da data de remate do prazo da presentación das propostas (no caso de cadrar en sábado, terá lugar o día hábil seguinte).

Documentación que deberán achega-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante de existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

Solvencia técnica: acreditarase mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-06368