De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instrutora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 6 de setembro de 1995.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Lei 4/1989 CEN
sancionador
número DNI
Último enderezo coñecido infrinxido infracciónTipificación infracción
Procedemento
Denunciado
Feitos imputados Artigo
Cualificación
Sanción
34.240.216
Avda. Ronda, Edif. Maral 6
Vigo (Pontevedra)
Calle Sayar, Carballal 3
Caldas de Reis (Pontevedra)
Callobre-A Estrada
(Pontevedra)
EN 95/0040 Quiroga Díaz, José
Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo. 38.13º Leve 15.000 ptas. EN 95/0051 Raña Barreiro, Manuel Emilio
Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo. 38.13º Leve 15.000 ptas. EN 95/0053 Ferreiro Porto, Manuel Ángel
Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo. 38.13º Leve 15.000 ptas.
95-06427