Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 95/0036.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a paritr do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertienentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiranselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 6 de setembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN95/0036.

Denunciado: González Comesaña, Diego Antonio.

Último enderezo coñecido: Rúa do Balde, 33, Beade (Pontevedra).

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción. Lei 4/1989 CEN:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

95-06169