Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira Monte Abelleira.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación da canteira denominada Monte Abelleira, sita na parroquia de Aldixe, no concello de Abadín, promovido por Norsil, S.A., fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5.2º do referido decreto,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública ó estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira Monte Abelleira, promovido por Norsil, S.A., na parroquia de Aldixe, do concello de Abadín.

Segundo.-O estudio de impacto ambiental exporase ó público nesta delegación provincial, logo do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-A alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta Delegación Provincial de Industria e Comercio.

Lugo, 23 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6385