Pola Resolución do 13 de xullo de 1995 aprobouse un gasto de 226.576.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material mobiliario e didáctico con destino á Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e Escola Politécnica de Ourense, dependentes desta consellería, expediente 17/1995.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario das Comunidades Europeas, Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia, taboleiro de anuncios e prensa.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación con data de 22 de setembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-lo mencionado material da seguinte forma:
adxudicación
Nº lote OP material Importe
** Empresa Coalba 12 Sistemas de alimentación 6.990.000 ** Subtotal 6.990.000
** Empresa Fujitsu 9.1 Equ. informáticos A. Expec. 35.500.000 10 Equ. investigación 11.500.000 11 Estación de traballo 10.500.000 ** Subtotal 57.500.000
** Empresa González del Rey 5.1 Mobiliario aulas. 27.895.641
adxudicación
Nº lote OP material Importe
15.1 Mobiliario aulas 6.785.683 ** Subtotal 34.681.324
** Empresa Hijos de Laurentino 6 Complementos 6.799.762 ** Subtotal 6.799.762
** Empresa Mobigal 4.1 Sillería 5.364.600 13 Complementos salón de actos 3.470.000 14 Butacas salón de actos 4.950.000 ** Subtotal 13.784.600
** Empresa María Martínez Otero 2 Mobiliario informática 5.099.734 7 Mobiliario despachos 9.846.342 ** Subtotal 14.946.076
** Empresa Romero 3.3 Mobiliario laboratorio 60.832.911 ** Subtotal 60.832.911
** Empresa Tadel 8 Material audiovisuais 4.189.851 ** Subtotal 4.189.851
Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material será de un mes contado desde a sinatura do contrato.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obligacións previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
95-6234